3º ESO XEO

CONTIDOS DE PENDENTES 2º ESO

DEFINICIÓNS:
- NATALIDADE: é o número de nacidos que se produce nunha poboación.
- MORTALIDADE: é o número de mortos que se produce nunha poboación
- MORTALIDADE INFANTIL: é o número de nenos mortos antes de cumprir un ano que se produce nunha poboación.
- EMIGRANTE: é unha persoa cando sale do seu país de orixe cara a outro.
- INMIGRANTE: é unha persoa cando chega o país de acollida.
- ÁRABE: Os habitantes de Arabía es os seus descendentes
- MUSULMÁN: Persoa que sigue como relixión o Islam
- ISLAM: relixión fundada por Mahoma e recollida no Corán (libro sagrado)
- EMIR: gobernador dos territorios islámicos que ten poder político
- RAZZIAS: campañas de saqueo para recoller botíns e prisioneiros
- ALCAZAR: recinto fortificado onde vivían as autoridades e centro da vida política.
- VASALAXE: É un pacto en donde o nobre acepta a primacía do rei e pasan a ser vasalos.
- DÉCIMO: Era o pago dunha décima parte da colleita o clero.
- INVESTIDURA: Ceremonia na que o rei cedíalle aos vasalos terras (feudos)
- CRISTIANDADE: Son territorios, tiñan ese nome porque a relixión crstiá axudou a formar neles una civilización común.
- TREGUA DE DEUS: Eran os periodos nos que a Igrexa prohibía loitar
- PLANTA DE CRUZ LATINA: Planta composta por dous brazos que se cruzan, onde un é máis longo ca o outro
- ARCO DE MEDIO PUNTO: Arco substentante destinado a franquear un espazo máis ou menos grande por medio dun traxecto curvo.
- PANTOCRÁTOR: Representación de Cristo en actitude de bendecir, dentro dun círculo ou óvalo chamado mandorla.
- RECONQUISTA: É o avance dos reis cristiáns sobre os territorios mulmáns da península
- FOROS: ou Cartas de Poboamento, eran privilexios cos reis cristiáns concedialles as vilas ou cidades.
- ASTROLABIO: Instrumento de orientación baseado na posición das estrelas.
- CUADRANTE: Instrumento para medir ángulos e trasladar as medicións aos mapas.
- CORRIXIDORES: Funcionarios encargados de impoñer a autoridade do rei en todos os municipios de Castela, creanse no século XV.
- TRIBUNAL DA INQUISICIÓN: É un grupo de relixiosos que persiguen e xulgan os herexes.
- QUATROCENTO: Abrangue o século XV, nesta etapa o gran centro cultural foi a cidade de Florencia.
- CINQUECENTO: Abrengue o século XVI, nesta etapa o gran centro cultural foi a cidade de Roma.
- VALIDO: Persoa de confianza do monarca ao que este encomendaba a dirección do goberno.
- MOURISCO: Poboación de orixe musulmán, que en teoría se convertera ao cristianismo no século XVI, na práctica manten a súa relixión.
- BODEGÓN: Pintura que representa en primeiro plano alimentos ou flores xunto a útiles diversos
- TENEBRISMO: é unha técnica pictórica que consiste en facer emerxer as figuras de entre a oscuridade.

CUESTIÓNS:
1) Cales son as características da poboación da UE?
- Crecemento lento
- Avellentamento
- Alta porcentaxe de inmigrantes

2) Que obxectivos buscan os programas de integración da poboación estranxeira?
- O ensino do idioma
- As normas e valores da sociedade.

3) Por que falamos de diversidade cultural da poboación da UE?
- Porque se falan moitas linguas (20 oficiais) e porque existen diferentes relixións (cristianismo, xudaismo, islam..)

4) Cando foron mais intensas as migracións interiores e externas?. Entre que lugares?.Por que motivos?.
- Entre 1950 e 1975
- Interiores entre o campo e as cidades , e as exteriores entre España e Latinoamérica ademais entre España e Europa
- Motivos económico e políticos

5) É importante a inmigración? Cal é a sua procedencia? Que buscan en España?
- Si cada vez existe máis.
-América Latina, África e paises do leste de Europa
-Mellorar a súa situación económica.

6) Por que España pasou de ser un país de emigrantes a un país receptor de inmigrantes?
- Porque mellorou a súa economía e convertese nun país atractivo para os inmigrantes.

7) A quen lle é máis fácil integrarse na sociedade española, a un ecuatoriano ou a un senegalés?.
- A un ecuatoriano, polo idioma, costumes e historia común a dos españois.

8) Que acontecementos marcan o inicio e final da Idade Media? E cales son as súas datas?
- A desaparación do Imperio romano de occidente no 476 e o descubrimento de América no 1492

9) Cita 4 características da Idade Media
- Civilización peculiar baseada nunha economía rural
-Poboación sometida ao poder da nobreza e Igrexa
- Gran infulencia da relixión Católica na vida cotiá.
- Un arte peculiar o Románico e o Gótico

10) Por onde se estendeu o Imperio Bizantino? En que época? Cando rematou?
- Dende Bizancio ata Asia Menor, polo leste e por todo o Mediterráneo ata o sur de Península Ibérica polo oeste.
- En época do emperador xustiniano no s VI
- No ano 1453 coa invasión dos turcos- otomanos

11) Como eran os feudos?
- Terras que reciben os nobres a cambio de xurar fidelidade ao rei e nelas diferenciamos o Castelo, a aldea e as terras de cultivo.

12) Tiña o poder político o Papa durante a Idade Media? Por que?
- Sí, porque gobernaba os Estados Pontificios e tiña exército propio. Os reis respetaban ao Papa por temor a seren excomulgados.

13) En que consistía a técnica do barbeito?
- En cultivar un ano a metade da terra e deixar a outra metade fermentando e en repouso. O ano seguinte cultivase a metade que estivo en repouso.

14) Cales foron as causas da invasión musulmán da Península Ibérica?
- No 711 o reino Visigodo sufría una guerra civil entre don Rodrigo e os familiares do anterior rei. Estos familiares piden axuda o musulmán Musa e o seu xeneral Tariq ven do norte de África e derrota a don Rodrigo na batalla de Guadalete.

15) Que é o reino Nazarí de Granada?
- Foi o último territorio musulmán na Península, incluía as provincias de Malaga, Granada e parte de Cádiz, o dirixe a familia Nasr.

16)Por que a sociedade musulmana era desigual? Cales eran os grupos sociais?
- A sociedade e diversa porque os musulmáns tras a conquista foron tolerantes cos cristiáns e xudeus. Por iso a sociedade tiña distintos costumes e relixións.
- O grupos son dous : 1.- Os máis poderosos, árabes e bérberes
2.- O resto da poboación; muladís, mozárabes e xudeus.

17) Que é Al-andalus?
- Os territorios da Península Ibérica dominados polos musulmáns dende o 711 ata 1035?

18) Que son os reinos de Taifas? E os parias?
- Taifas son os numerosos territorios nos que se divide Al-andalus tras 1031.
- Os parias son tributos cos reinos de Taifas pagan aos critiáns.

19) En que se basaba o poder económico da Igrexa?
- O poder económico da Igrexa baseabase en que gran parte das terras eran propiedade dos mosteiros, cobráballes rendas aos seus servos e o décimo ao campesino.

20) Que son as cruzadas?
- Son intervención militares que se desenvolven na Idade Media e organizadas polos Papas e o reis europeos para conquistar aos musulmáns Terra Santa
21) Que características ten a arte Románica?  Cita a lo menos 3 edificios románicos?- É una arte relixiosa


- Estendeuse por toda Europa a partir do século XI
- Uso de símbolos que transmitían una mensaxe, función educativa das obras
- Catedral de Santiago, Igrexa de Santa Mª de Tahull e Igrexa de san Isidoro de León
22) Que eran os irmandiños? Contra que loitaban?
- Os irmandiños eran un exército formado por campesiños e burgueses galegos que loitaban contra o poder dos señores feudais.

23) Que evolución tivo o reino de Galicia?
- Nos séculos XI e XII Galicia tivo períodos con reis propios. Se une definitivamente no s.XIII a monarquía castelá, pero seguiu conservando a condición de reino con institucións propias

24) Que avances técnicos melloraron a navegación no século XV?
- Desenvolveronse novos mapas o portolanos pensados para a navegación.
- Xeneralizouse o uso de instrumentos de navegación.
- Xurdiron novos tipos de barcos como a carabela.
25) Como foi a primeira volta ao mundo?
- En 1519 partiu de Sevilla una expedición de cinco barcos e 250 mariñeiros dirixidos por Magallanes e Elcano, o seu obxectivo era dar a volta o mundo e demostrar ca Terra era redonda.

26) Cales foron as tres culturas precolombinas máis importantes?
- Os maias, os incas e os aztecas.

27) Que é o Tratado de Tordesillas?
- O acordó levado a cabo no 1494 entre España e Portugal donde se repartían o mundo para a súa exploración este reparto o establecía un meridiano.

28)Quen eran os Reis Católicos e que lograron?
- Eran Isabel de Castela e Fernando de Aragón logran a unión da Coroa de Castela e da Coroa de Aragón.

29) Que foi o Renacemento?
- O proceso de profundas transformacións sociais e culturais dos séculos XV e XVI.

30) Cales son os principio do luteranismo?
- As persoas sálvanse pola súa fe, e non polas súas obras.
- A Biblia debe interpretarla cada persoa
- So existen dous sacramentos o bautismo e a eucaristía
-Prohíbese o culto a Virxe e os santos.

31) Como se conoce a Monarquía Hispánica de Felipe II? Cales eran os seus obxectivos?
-“ O Imperio onde nunca se puña o Sol”, debido o extenso do mesmo
- Os seus obxectivos eran manter os territorios que herdara e transmitilos o seus sucesores ademais da defensa do catolicismo fronte o islam e o protestantismo.

32) Que eran as Xuntas do Reino?
-Eran unhas institucións formadas polo gobernador e por un fidalgo que representaban a cada provincia galega (Santiago, Lugo, Ourense, Betanzos, Mondoñedo, A Coruña e Tui) no século XVII

33) Quen era Diego Velazquez? Cita tres obras
- Foi o mellor pintor do Barroco español e un dos artistas máis admirados de todos os tempos naceu en 1599.
-OBRAS: As Meninas, As fiandeiras e o Retrato de Filipe IV